Carreira de carriños : Percorrer un circuito con obstáculos (caixas, sillas, etc.) levando un carriño de bebé de xoguete. Actividade para pensar: Sobre as articulacións OLIMPIADAS CASEIRAS (V) : 1.- Carreira de obstáculos levando un obxecto na man que non pode caer. 2.- Lanzamento de pelotas para encestar nunha papeleira-tina. 3.- Bolos: derrubar a maior cantidade en tres tiradas. 4.- Transporte da culler: trasladar un obxecto pequeno (p. ex. pelota de ping-pong dun punto A a un punto B) levándoa na boca. 5.- Carreira de sacos utilizando bolsas de lixo. 6.- Xogo da esponxa. Dous cubos por equipo. Hai que empapar unha esponxa no primeiro e baleirala no segundo. Gaña o equipo que antes encha o segundo cubo. 7.- Rescate no mar. Encher un cubo de auga ou tina. Meter dentro xoguetes. Gaña aquel que consiga rescatalos usando a boca. 8.- Carreira de canguros, trasladando unha pelota entre os nocellos ou xeonllos. 9.- Botar duas pelotas simultáneamente sen perde...
Xogamos ao escondite na casa e é moi divertido. Grazas.
ResponderEliminarAlédome de que vos parecera útil. A cuestión da EF no confinamento é das máis peliagudas, pola diversidade de situacións existentes nas familias. A nosa proposta é ofrecer actividades abertas, adaptables a cada circunstancia e cunha compoñente lúdica. Mellor traballar cun sorriso :-)
Eliminar