Proposta de EF para 1º de Primaria (11 a 15 de maio)
- Xogar á pita cega.
- Olimpiadas caseiras (I):
- 1.- Facer 3 flexións, 3 abdominais e 3 saltos hacia arriba flexionando xeonllos contra o peito.
- 2.- Saltar á pata coxa cantando unha canción durante 20 segundos. Pódese cambiar de pé aos 10 segundos. Se se apoian os dous pés hai que empezar de novo.
- 3.- Encestar unha pelota de plástico nunha papeleira 4 veces dende unha distancia de dous metros.
- Variante: pódese utilizar calquera outro recipiente cunha pelota pequena ou bola de papel.
- 4.- Caragalleta: Sentado e inclinado atrás. Coller unha galleta e poñela na frente. Tentar baixala cos músculos da cara. Se cae tentar de novo.
- Obxectivo: levala ata a boca unha vez alomenos.
- 5.- A proba da botella: lanzala ao aire para que caia de pé. Gaña que on consiga dúas veces.
- 6.- Toques a unha bola de plástico: dar cinco toques seguidos.
- Actividade de baile. Just dance Can't stop the feeling:
- Unha proposta de actividade. O tenis-chan:
- Reto da semana: Comunicarse co profe Roberto
- Que escribir?
- O que estades a facer de verdade (pero de verdade!!!). Non se trata de quedar ben, se non de que o profe coñeza a vosa actividade física, sexa a que sexa.
- Como teño que facer?
- Escribir un correo á dirección efmosteiro@gmail.com
- Título: Actividad física de (NOME COMPLETO + CURSO)
- No corpo da mensaxe debes cubrir tres apartados:
- 1.- A actividade que estás a facer diariamente (correr, andar, rutinas físicas, quecementos, xogos...). Escribe todas as que fagas.
- 2.- Indicar se visitas o blogue de Educación Física. Explica tamén se o fas semanalmente ou de xeito esporádico.
- 3.- Indicar as actividades do blogue que realizas. Se non fas ningunha tes que dicilo tamén.
- E ademais podes engadir algunha suxerencia, cousas que te gustaría ver nel ou que non te convencen. As tuas opinións son benvidas!!!
- Envía o correo e xa está!!!
ATENCIÓN PAPÁ E MAMÁ:
PARA FACER ESTA ACTIVIDADE PRECÍSASE A VOSA COLABORACIÓN:
Un reparto de tarefas. Vós vos ocupades da parte técnica e o voso fillo/a conta o que está a facer.
Logo destas semanas é tempo de coñecer o que está a facer no apartado da actividade física.
Obxectivo: Escribir un correo electrónico ao profe Roberto.




Comentarios
Publicar un comentario