Proposta de EF para 1º de Primaria (18 a 22 de maio)


  • Xogar á carretiña.
  • Movéndose con xornais. Percorrer unha distancia desde un punto A a un punto B con dous follas de xornal. Condición: non se pode pisar o piso, só se pode pisar nas follas. Para moverse hai que quedar á pata coxa e coller a folla de xornal e poñela un pouco máis adiante.
  • Coñeces o teu corpo?:
  • OLIMPIADAS CASEIRAS (II):
    • 1.- Funámbulos: Colle unha culler de plástico e unha goma de borrar encima e fai un percorrido desde a entrada de casa ata o lugar máis lonxano sen que che caia. Se cae volves empezar.

    • 2.- Tiro ao prato: Colocar seis botellas de plástico baleiras separadas entre si (coma bolos). Tenta derrubalas cunha pelota de tenis.

    • 3.- Parkour: Leva seis pelotas de tenis (ou obxectos que caiban nunha man) atravesando un percorrido con obstáculos (p. exemplo subirse a un sofá e pasar a outro sen tocar piso, subirse a unha silla e desa pasar a outra, etc.) e lanzar esas pelotas/obxectos a unha papeleira/cubo desde unha distancia determinada.
      • Variante: Cronometrando se compites cun irmán/á.

    • 4.- Tenista: Dar quince golpeos cunha pala/raqueta sen que caia a pelota ao chan.

    • 5.- Colocar cinco obxectos nunha mesa e tentar derrubalos lanzándolles pelotas de plástico. Se tes un xoguete de tipo Nerf podes usalo tamén.

    • 6.- Manter dous globos no aire simultáneamente sen que caian.

  • Actividade de baile. Just dance Jungle dances:
  • Unha proposta de actividade: Ballhouse.

Todavía non escribiches ao profe Roberto?

Se todavía non o fixeche arránxao esta semana. Escribe a efmosteiro@gmail.com e conta o que estás a facer:
  • No título da mensaxe escribe Actividade física de (NOME COMPLETO + CURSO).
  • No corpo da mensaxe explica:
    • 1.- A actividade que estás a facer diariamente. Describe todo o que fagas.
    • 2.- Indica se visitas o blogue de EF e a frecuencia (semanal, ocasional ou nunca).
    • 3.-. Indica as actividades do blogue que realizas. Se non fas ningunha dío tamén.


Non te esquezas de envialo!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Proposta de EF para 6º de Primaria (11 -15 de maio)

Proposta de EF para 1º de Primaria (8 a 12 de xuño)

Proposta de EF para 3º de Primaria (1 a 5 xuño)