Proposta de EF para 2º de Primaria (18 a 22 de maio)
- A raiola: Marcar no piso unha raiola e usar un obxecto pequeno para lanzar.
- Movéndose con xornais. Percorrer unha distancia desde un punto A a un punto B con dous follas de xornal. Condición: non se pode pisar o piso, só se pode pisar nas follas. Para moverse hai que quedar á pata coxa e coller a folla de xornal e poñela un pouco máis adiante.
- Actividade sobre as articulacións:
- Actividade de baile. Just dance Move your feet:
- OLIMPIADAS CASEIRAS (II):
- 1.- Funámbulos: Colle unha culler de plástico e unha goma de borrar encima e fai un percorrido desde a entrada de casa ata o lugar máis lonxano sen que che caia. Se cae volves empezar.
- 2.- Tiro ao prato: Colocar seis botellas de plástico baleiras separadas entre si (coma bolos). Tenta derrubalas cunha pelota de tenis.
- 3.- Parkour: Leva seis pelotas de tenis (ou obxectos que caiban nunha man) atravesando un percorrido con obstáculos (p. exemplo subirse a un sofá e pasar a outro sen tocar piso, subirse a unha silla e desa pasar a outra, etc.) e lanzar esas pelotas/obxectos a unha papeleira/cubo desde unha distancia determinada.
- Variante: Cronometrando se compites cun irmán/á.
- 4.- Tenista: Dar quince golpeos cunha pala/raqueta sen que caia a pelota ao chan.
- 5.- Colocar cinco obxectos nunha mesa e tentar derrubalos lanzándolles pelotas de plástico. Se tes un xoguete de tipo Nerf podes usalo tamén.
- 6.- Manter dous globos no aire simultáneamente sen que caian.
- Unha proposta de actividade: Ballhouse.
Todavía non escribiches ao profe Roberto?
Se todavía non o fixeche arránxao esta semana. Escribe a efmosteiro@gmail.com e conta o que estás a facer:
- No título da mensaxe escribe Actividade física de (NOME COMPLETO + CURSO).
- No corpo da mensaxe explica:
- 1.- A actividade que estás a facer diariamente. Describe todo o que fagas.
- 2.- Indica se visitas o blogue de EF e a frecuencia (semanal, ocasional ou nunca).
- 3.-. Indica as actividades do blogue que realizas. Se non fas ningunha dío tamén.
Comentarios
Publicar un comentario