Rutinas diarias
MOI IMPORTANTE ESTABLECER RUTINAS
Recomendacións:
- Non permanecer sentados máis de dúas horas seguidas.
- Ter unhas rutinas diarias ou un horario programado que axude a cumprilo.
- Débense alternar os ratos de estudo con descanso activo, actividade física, xogos que requiran algo de movemento a pesar dos problemas de espazo que temos nunha casa. Debemos ser inxeniosos.
- Recoméndanse algúns exercicios e xogos para facer en familia.
HÁBITOS DE HIXIENE E ALIMENTACIÓN
- Respectar os horarios de comidas, sen comer entre horas.
- Un almorzo consistente e variado, con consumo de zumo e lácteos.
- Comida lixeira a media mañá.
- O menús do mediodía deben ser variados, con alternancia de carne e peixe e presenza de verduras.
- Merenda a media tarde: consumo de lácteos e froita.
- Cea lixeira.
- Outras recomendacións:
- Beber auga en abundancia
- Peixe, froita e verduras deben figurar diariamente no menú.
- As lambetadas deben limitarse, especialmente neste tempo de confinamento.
- Por último e non menos importante:
- A hixiene dental é fundamental: lavar ben os dentes tres veces ao día, poñendo especial atención á limpeza da noite.
- Lavar as mans con xabón moitas veces ao día. FUNDAMENTAL!!!
- Iniciarse no uso do fío dental.
- Os hábitos de sono: limitar os efectos dos cambios de horario e manter as horas de sono suficientes.
Comentarios
Publicar un comentario