Propostas e suxerencias de EF para 2º de Primaria
- Circuito de obstáculos: con calquer obxecto que se teña na casa, como cadeiras, mesas, botellas de plástico ou xuguetes. Colocalas de tal xeito que poidan realizar un percorrido no que teñan que agocharse, saltar, andar a gatas o a cuadrupedia, impulsarse cos brazos e todo o que a imaxinación permita.
- Rutinas de exercicios: marcar unha serie de tarefas, como saltos laterais, xeonllos arriba ou talóns ao glúteo, skipping etc.
- Bailes. Baile ao ritmo da música que máis lle guste aos nenos ou recurrir a plataformas on line donde se poden atopar infinidade de coreografías dirixidas por profesionais para que os nenos practiquen no fogar. A implicación emocional dos nenos neste tipo de actividades é moi alta.
- Carreiras: se dispoñedes dun pasillo longo na casa, marcar a saida e a meta e que o neno/a o recorra durante varias series no menor tempo posible.
- Gymkanas: Crear unha pista de obstáculos con sillas e cintas, pufs, etc. Moverse portando unha bandexa con obxectos (mazás, pelotas, etc.). Engadir compoñentes de dificultade cambiando a man ou vendando os ollos.
- Guerra de almofadas: Sen comentarios J
- Pisar papeis: usando follas de xornal vellas. Moi bo para exercitar o equilibrio. Os nenos deben avanzar saltando de folla en folla sen pisar o chan. Pódese incrementar a dificultade aumentando a distancia entre follas.
- Fútbol imaxinario: xogalo sen balón.
- Verdadeiro ou falso: condutor do xogo fai preguntas. Se a resposta é verdadeiro (erguerse, ou subirse a unha silla), se falsa (agacharse, ou sentarse).
- Adiviñas: Mímica dun deporte. Adiviñar cal.
- Ximnasia de cara: sentados nunha silla, realizar exercicios coa cara (abrir y pechar boca, apretar ollos, subir/baixar cellas, etc.)
- Desengrasar articulacións: practicar a mobilidade articular en todo o corpo. O condutor menciona unha articulación e nenos móvena.
- Pizarra máxica: escribir na espalda do outro. Debe adiviñar a mensaxe.
Suxerencias de Internet.
Preme nos enlaces para ver:
Preme nos enlaces para ver:
Comentarios
Publicar un comentario