Propostas e suxerencias de EF para Educación Infantil
A ocupación primordial para os nenos/as de 3 a 5 anos é XOGAR. O xogo espontáneo é fundamental e potencia a creatividade.
A realización do mesmo no fogar (e a incorporación dos xoguetes habituais) ofrece materiais e contextos variados para o neno/a.
Conforme crecen os nenos poden comezar a practicar actividades nas que se introduzan regras.
Eses xogos e bailes deben ser compartidos co resto da familia:
Propostas de xogos:
- Xogo do tesouro.- Dar pistas. Crear unha serie delas que os leve dun recuncho a outro da casa. Deben atopar un obxecto que pode ser considerado coma un premio.
- Ximnasio no salón: Transformar o salón nun ximnasio na medida das posibilidades do fogar. Sacar a mesa do centro, colocar unha esterilla para facer volteretas, colocar pequenos obstáculos para saltar. Colocar un fío/cinta dun extremo a outro coma se fose unha tea de araña e atravesar sen tocar, etc.
- Saltar á comba/corda: Pódese xogar individualmente ou en familia.
- Xogo da mariquitilla
- Xogo das sillas musicais
- Xogo do tres en raia
- Xogo das estatuas con música
- Xogo do Enredo (Twister)
- As profesións
- Circuito motriz
- Terra, praia, mar: dicir animais e moverse segundo sexan terrestres, mariños ou voadores.
- Paseo polo bosque: moverse en fila, ir dicindo nomes de animais que se atopan no bosque os nenos deberán moverse imitándoos.
- As profesións: moverse en fila, ir dicindo xente que se vai atopando na cidade e recrear as suas profesións (condutor, policía, varrendeiro, etc.).
- Un día calquera: describir todas as accións realizadas desde a mañá á noite. Os nenos/as deben simulalas.
- Moverse co abecedario: nenos din letras e condutor do xogo manda unha tarefa que comece por dita letra (p. ex. O = ordearse por alturas).
Comentarios
Publicar un comentario