Proposta de EF para 6º de Primaria (11 -15 de maio)
- Actividade de baile. Just dance Tusa:
Traballo físico:
- Quecemento de pernas:
- 1.- Xirar nocellos
- 2.- Xirar xeonllos
- 3.- Skipping
- 4.- Agacharse e levantarse
- Quecemento de tronco:
- 5.- Círculos de cadeira
- 6.- Flexión de tronco
- 7.- Xirar tronco
- 8.- Flexión lateral
- Quecemento do tren superior/pescozo:
- 9.- Correr e facer círculos cos brazos
- 10.- Correr levando un brazo arriba e outro abaixo. Alternar.
- 11.- Correr abrindo e pechando brazos.
- 12.- Xirar pescozo
- Traballo de intensidade:
- 13.- Carreira suave polo pasillo. Correr de lado. Facendo eses/curvas/de costas.
- 14.- Avanzar a zancadas grandes.
- 15.- Dous saltos con cada perna.
- 16.- Círculos co tronco.
- 17.- Saltos cambiando de perna.
- 18.- Elevar tronco e flexionar xeonllos.
- 19.- Flexión brazos.
- 20.- Boca abaixo elevar tronco.
- 21.- Subir e baixar pernas alternativamente.
- 22.- Saltar e tocar peito co xeonllo.
- 23.- Sprint no sitio.
- Estiramentos:
- 24.- Abrir pernas.
- 25.- Zancada ampla.
- 26.- Flexión tronco con pernas cruzadas.
- 27.- Levar unha perna ao peito coas mans.
- 28.- Tirar da punta do pé.
- 29.- Brazo por diante. Por detrás da cabeza.
- 30.- Elevar brazos por detrás.
- Elaborar un circuito de obstáculos no pasillo ou espazo posible e percorrelo.
- Variantes: con ollos pechados, a catro patas, etc.
- Olimpiadas caseiras (I):
- 1.- Facer 10 flexións, 10 abdominais e 10 saltos hacia arriba flexionando xeonllos contra o peito.
- 2.- Saltar á pata coxa cantando unha canción durante 30 segundos. Pódese cambiar de pé aos 15 segundos. Se se apoian os dous pés hai que empezar de novo.
- 3.- Encestar unha pelota de plástico nunha papeleira 4 veces dende unha distancia de dous metros.
- Variante: pódese utilizar calquera outro recipiente cunha pelota pequena ou bola de papel.
- 4.- Caragalleta: Sentado e inclinado atrás. Coller unha galleta e poñela na frente. Tentar baixala cos músculos da cara. Se cae tentar de novo. Obxectivo: levala ata a boca unha vez alomenos.
- 5.- A proba da botella: lanzala ao aire para que caia de pé. Gaña que on consiga dúas veces.
- 6.- Toques a unha bola de plástico: dar cinco toques seguidos.
- Xogo Tenis-chan:
- Reto da semana: Comunicarse co profe Roberto.
- Logo destas semanas é tempo de coñecer o que estades a facer no apartado da actividade física.
- Obxectivo do reto: escribir un correo electrónico ao profe Roberto.
- Que escribir?
- O que estades a facer de verdade (pero de verdade!!!). Non se trata de quedar ben, senón de que o profe coñeza a vosa actividade física, sexa a que sexa.
- Como teño que facer?
- Escribir un correo a efmosteiro@gmail.com
- Título: Actividade física de (NOME COMPLETO + CURSO)
- No corpo da mensaxe debes cubrir tres apartados:
- 1.- A actividade que estás a facer diariamente (correr, andar, rutinas físicas, quecementos, xogos, bailes, etc.). Escribe todas as que practiques.
- 2.- Indicar se visitas o blogue de Educación Física. Explicar se o fas semanalmente ou só de xeito ocasional.
- 3.- Indicar as actividades do blogue que realizas. Se non fas ningunha tes que dicilo tamén.
- E ademais podes engadir algunha suxerencia, cousas que te gustaría ver nel ou as que non te convencen. As tuas opinións son benvidas!!
- Envía o correo e xa está!!!
Comentarios
Publicar un comentario