Proposta de EF para 6º de Primaria (25 a 29 de maio)
- Actividade de baile. Just dance Échame la culpa.
- Traballo físico:
- Trotar levantando xeonllos
- Trote levantando talóns
- Desprazamento lateral usando ambas pernas
- Andando sobre talóns e puntas
- Esprínt no sitio
- Abdominais: tres series de 10 repeticións.
- Lumbares: tres series de dez repeticións.
- Brazos: levantar unha botella dun litro. Tres series con cinco repeticións e descansos intermedios.
- Zancada ampla
- Achegar perna ao peito coas mans.
- Tirar da punta do pé.
- Elevar brazos atrás.
- Olimpiadas caseiras (III):
- 1.- Colar aros: Debuxar e recurtar aros con cartulina. Cinco rollos de papel hixiénico pegados a un cartón. Obxectivo é encetar os aros nos rollos desde unha distancia dada.
- 2.- Salto de lonxitude: Marcar no chan un punto de partida e liñas en paralelo que midan as distancias. Saltar a pés xuntos e medir punto de aterraxe.
- Variante: saltar en carreira.
- 3.- Lanzamento de peso: Encher un globo con area (se non tes unha bolsa con algo de peso e que non rompa). Lanzar desde un punto dado e medir punto de chegada.
- 4.- Tiro de xabalina. Con palliñas. Colocar pratos de plástico a distancias distintas asignando a cada un unha puntuación. Obxectivo: lanzar as palliñas desde un punto dado tentando facelas aterrar nos pratos (e sumando as puntuacións).
- 5.- Carreira de obstáculos: Preparar dúas series de obstáculos en paralelo para saltar correndo (ou pasando por baixo). Competir dous nenos á vez.
- 6.- Ximnasia de obstáculos. Utilizar un banco ou calquera outra superficie alongada a pouca altura do solo. Pasar por riba sen caer.
- Variante: con ollos pechados. Cronometrando.
- Unha proposta de actividade: Pasos a cegas.
- Un preparador persoal en casa:
Escribe ao profe Roberto.
Nestas últimas duas semanas moitos de vós escribístesme contando o que estades a facer en casa na área da actividade física. Podedes seguir facéndoo utilizando a dirección de correo efmosteiro@gmail.com. O profe contesta sempre.
Non te esquezas e segue comunicándote!!!
Comentarios
Publicar un comentario