Proposta de EF para Educación Infantil (11 a 15 de maio)
- Camiñar descalzos por unha liña marcada por toda a casa.
- Variante: engadir pequenos obstáculos para pasar por riba (coxíns, banquiños, etc.)
- Lanzamentos: pelota pequena ou bola de papel a unha papeleira a unha distancia de 2 metros.
- Actividade de baile. Just dance Happy farm:
- Xogos para nenos de 3 a 6 anos:
- Reto da semana: Comunicarse co profe Roberto
ATENCIÓN PAPÁ E MAMÁ:
PARA FACER ESTA ACTIVIDADE PRECÍSASE A VOSA COLABORACIÓN:
Un reparto de tarefas.
Vós na parte técnica. O voso fillo/a conta o que está a facer.
- Que escribir?
- O que estades a facer de verdade (pero de verdade!!!). Non se trata de quedar ben, se non de que o profe coñeza a vosa actividade física, sexa a que sexa.
- Como teño que facer?
- Escribir un correo á efmosteiro@gmail.com
- Título: Actividad física de (NOME COMPLETO + CURSO)
- No corpo da mensaxe debes cubrir tres apartados:
- 1.- A actividade que estás a facer diariamente (correr, andar, rutinas físicas, quecementos, xogos...). Escribe todas as que fagas.
- 2.- Indicar se visitas o blogue de Educación Física. Explica tamén se o fas semanalmente ou de xeito esporádico.
- 3.- Indicar as actividades do blogue que realizas. Se non fas ningunha tes que dicilo tamén.
- E ademais podes engadir algunha suxerencia, cousas que te gustaría ver nel ou que non te convencen. As tuas opinións son benvidas!!!
- Envía o correo e xa está!!!
Obxectivo: Escribir un correo electrónico ao profe Roberto.




Comentarios
Publicar un comentario