Proposta de EF para 2º de Primaria (8 a 12 de xuño)
- Carreira de carriños: Percorrer un circuito con obstáculos (caixas, sillas, etc.) levando un carriño de bebé de xoguete.
- O velorio: Percorrer unha distancia dun punto A a un punto B levando unha vela prendida. Facelo sen que se apague.
- Variante: Que haxa que agacharse para pasar por baixo dalgún obstáculo.
- Para pensar:
- Actividade de baile. Zumba kids - Minions:
- OLIMPIADAS CASEIRAS (V):
- 1.- Carreira de obstáculos levando un obxecto na man que non pode caer.
- 2.- Lanzamento de pelotas para encestar nunha papeleira-tina.
- 3.- Bolos: derrubar a maior cantidade en tres tiradas.
- 4.- Transporte da culler: trasladar un obxecto pequeno (p. ex. pelota de ping-pong dun punto A a un punto B) levándoa na boca.
- 5.- Carreira de sacos utilizando bolsas de lixo.
- 6.- Xogo da esponxa. Dous cubos por equipo. Hai que empapar unha esponxa no primeiro e baleirala no segundo. Gaña o equipo que antes encha o segundo cubo.
- 7.- Rescate no mar. Encher un cubo de auga ou tina. Meter dentro xoguetes. Gaña aquel que consiga rescatalos usando a boca.
- 8.- Carreira de canguros, trasladando unha pelota entre os nocellos ou xeonllos.
- 9.- Botar duas pelotas simultáneamente sen perder control. Gaña quen aguante máis.
- 10.- Coreografía humana: por equipos. Poñer música e improvisar coreografía. Gaña o equipo capaz de sincronizar mellor os pasos de baile.
- Unha proposta de actividade. Do un ao seis:
- Exercizos físicos en familia:
- Un reto motriz en casa:
ESCRIBE AO PROFE ROBERTO
Podes seguir contando o que estás a facer en casa na área da actividade física. Utiliza a dirección de correo efmosteiro@gmail.com. O profe contesta sempre!!
Comentarios
Publicar un comentario