Proposta de EF para 3º de Primaria (8 a 12 de xuño)
- TRABALLO FÍSICO:
- Abdominais: Subir con brazos rectos ata tocar xeonllos. Aguantar 5 segundos e baixar (10 repeticións).
- Saltar abrindo e xuntando mans por riba da cabeza, pechar pernas baixando brazos. Repetir 10 veces.
- En equilibrio sobre un pé, extender brazo e perna e manterse 15 segundos. Cambiar de apoio.
- Deitados boca arriba con pernas flexionadas. Subir unha perna e mantela recta. Contar ata 10 e repetir coa outra.
- Carreira a trote por toda a casa/patio/xardín.
- Facer 10 saltos seguidos sobre o sitio.
- Variante: Con comba.
- Boca abaixo, deitados. Elevar brazo e perna contraria. Baixar e subir os opostos. Repetir 10 veces.
- En cuadrupedia (catro apoios) sacar espalda, meter espalda. Repetir 10 veces.
- Sentadillas. De pé con pernas abertas e brazos extendidos adiante, subir e baixar 10 veces.
- En cuadrupedia elevar un brazo e perna contrarios. Repetir cos opostos. Facer unha serie de 10.
- Localizar un punto da casa onde haxa baldosas. Saltar alternando pes dentro-fora.
- OLIMPIADAS CASEIRAS (V):
- 1.- Carreira de obstáculos levando un obxecto na man que non pode caer.
- 2.- Lanzamento de pelotas para encestar nunha papeleira-tina.
- 3.- Bolos: derrubar a maior cantidade en tres tiradas.
- 4.- Transporte da culler: trasladar un obxecto pequeno (p. ex. pelota de ping-pong dun punto A a un punto B) levándoa na boca.
- 5.- Carreira de sacos utilizando bolsas de lixo.
- 6.- Xogo da esponxa. Dous cubos por equipo. Hai que empapar unha esponxa no primeiro e baleirala no segundo. Gaña o equipo que antes encha o segundo cubo.
- 7.- Rescate no mar. Encher un cubo de auga ou tina. Meter dentro xoguetes. Gaña aquel que consiga rescatalos usando a boca.
- 8.- Carreira de canguros, trasladando unha pelota entre os nocellos ou xeonllos.
- 9.- Botar duas pelotas simultáneamente sen perder control. Gaña quen aguante máis.
- 10.- Coreografía humana: por equipos. Poñer música e improvisar coreografía. Gaña o equipo capaz de sincronizar mellor os pasos de baile.
- Unha proposta de actividade. Do un ao seis:
- Actividade de baile. Just dance Soy yo:
- Exercizos físicos en familia:
- Un reto motriz en casa:
ESCRIBE AO PROFE ROBERTO
Podes seguir contando o que estás a facer en casa na área da actividade física. Utiliza a dirección de correo efmosteiro@gmail.com. O profe contesta sempre!!
Comentarios
Publicar un comentario